Sala Auriense

E por fin comenzou a xira. Nunha das salas míticas. Nunha desas salas que Capitán Furilo tiña marcada como fundamental. A pesar dos contratempos (multas de tráfico, intentos de roubo, amplis escarallados e intentos de precintado) a xira comenzou con enerxía renovada. ¿Como? "Es un misterio" como diría Philip Henslowe en Shakespeare in Love.
Envolvidos no misterioso e denso ambiente da auriense sacamos ese demo que nos vai comendo por dentro cando levamos tempo sen tocar. Pasamos sen pausa polos temas que serán o eixo da nova xira. Non houbo tempo de sacar "o merchandising" pois a hora apremiaba despois dos retrasos acumulados polos contratempos. Pero quedamos con esa sensación de "Que ben quedei rapás !!".
Arroupados polos mellores anfitriones que se pode ter en Ourense, David, e sobre todo os irmáns "Perez Paz" aproveitamos para coñecer os "antros" da zona. Poderosos.
Volveremos.

Video de "Xa non quero saber nada diso" na Auriense (cortesía de jppaz1972).

 

A Fábrica de Chocolate

Como en casa. O derradeiro concerto do ano de Capitán Furilo, volveu a destilar as mesmas boas sensacións que veñen acompañando ó grupo en directo. Os novos temas xa están "empastados" no resto do repertorio, conseguindo unha actuación "redonda" como diría o gran "Lulo".
O son da sala, coma sempre, fantástico como corresponde a unha das mais importantes do panorama Vigués.
E a xente, que podemos dicir da xente. Un 10. A pesares da noite "perruna" esquivando granizadas e lóstregos acudiron a regalarnos o seu cariño, que como diría Bustamante "es lo mas grande".
Por certo, o "merchandising" dos Furilos segue a facer furor.
E por suposto "TEÑAN COIDADO AHÍ FORA".
Escoita a crítica do concerto en planeta Furancho. A partires do minuto 34 do programa (Radio Galega Música).

 

Resaca da "Cea-baile"

Pasada unha semana da Festa de presentación "Cea-baile" recopilamos os recordos e todo o material que imos recibindo. Fotos, videos anécdotas. Se as queres recordar ou se non pudiches estar con nos, aquí tes parte do que imos recibindo. Se tedes fotos, videos ou calqueira cousa que nos queras facer chegar, podes facelo enviándonolo por e-mail a ocapitanfurilo@gmail.com . E si quedaches con ganas de Capitán Furilo, este Venres 20 de Novembro no Blu Bar de Ponteareas as 00:00 volvemos a estár en directo.
Recordos da "Cea-baile":

Videos: Costas & Furilo | Pueblos del mundo ¡Extinguíos! | Miña Terra Galega | Estación e Parece | Onde estás e Sexo | Todo foi por amor | Xa non quero saber nada diso | Furilo&Isaac | Agradecementos | Brindis de Julito |
Audios: Concerto completo de Capitán furilo | Spectra (Primeira parte) | Spectra (Segunda parte) |
Fotos: Mira novas fotos da festa
Blog: Deixanos a túa impresión sobre a "cea-baile"
A "cea-baile" na prensa: Faro de Vigo | Atlántico Diario
Parte médico: Falcón, contractura no xemelo.

Pon o teu comentario sobre a cea-concerto-presentación

¿Pode algo que só se fixo 2 veces convertirse nun clásico?. ¿Poden reunirse mais de 200 amigos con ganas de Rock and Roll?
¿Pode haber algo mellor que escoitar "hell bells" mentras o lume purificador da queimada elaborada polo grandísimo Julito da paso ó R'N'R?
¿Hai algo mellor que tocar en directo arropado por amigos e coa maestría sonora de Tino e Jacobo?
¿E posible que cós vapores da queimada se apareza "Siniestro Total" en directo disposto a "bailar sobre tu tumba"?

Podedes escoitar o directo da presentación, cortesía de Jacobo Obmun.
 Directo Furilo + Miguel Costas(Cea presentación "Rock")
Escoitade tamén ós nosos amigos Spectra (Parte 1) (Parte 2)

Mira algunha das fotos da festa

Pon o teu comentario sobre a cea-concerto-presentación

Novos temas, igual enerxía

O pasado fin de semana grabamos tres temas novos "Onde está?", "Sus labios son para mi", "O reverso desta lúa", novas cancións pero coa mesma enerxía de sempre. Rockandroll coas influencias furilas. Cancións directas, cheas de complicidade nos estribillos e guiños o sonido do grupo. Con Tino Alvarez como mestre de ceremonias xa só quedan algúns arreglos para rematar a grabación. Para iso esperamos contar con algunha colaboración "sorpresa" e grabar estes días algúns pequenos arreglos.
Once temas en total para o que será o noso disco, do que xa podemos adiantar o nome ROCK!.
Os novos temas soarán en directo o Venres 18 na Sala Contrabajo de Vigo.
Volve Capitan Furilo, teñan coidado aí fora!

Mira as fotos da grabación

Comenta esta noticia

Novas datas de grabación!

A segunda semana de setembro volvemos o estudio para grabar novos temas. O formiguillo da producción sonora meteuse no corpo. Ata o de agora temos oito temas novos grabados e mezclados. A idea e grabar outros tres temas novos co fin de editar o que será o noso primeiro cd. Nos próximos dias esperamos que podamos colgar un adianto das novas cancións que neste momento están a masterizar. Sobre o estilo, evolución e tal….., pódese decir que "volvemos o rock" ou en realidade sempre estivemos nel, o certo é que quixemos facer un disco con máis enerxía, máis directo e que recollera a nosa filosofía de cancións de tres minutos. Tres minutos para tres retos; letra, melodía e son. Sonido Furilo.
O 11 de setembro volvemos a Elite con Tino Alvarez (Arritmic) como mestre de ceremonias.
Volven os Furilos!
Teñan coidado ahí Fora!

Comenta esta noticia

Estamos a Gravar !!!

Capitan Furilo está no estudio. Dende o pasado 6 de Marzo, estamos dando forma aos novos temas no estudio Élite Musical, baixo a dirección Artística de Miguel Pino, e a tutela técnica de Tino Álvarez. A mediados de Abril esperamos ter o traballo na núa, e por suposto disponible para baixar da rede. Ainda que é cedo para poñerlle etiquetas, os novos temas parece que xiran un pouco ó rock. Se todo vai ven, pronto nos veremos na presentación cena-baile-performance.

 

Benvidos Fillos do Rok And Roll (Presentación do CD POP?)

Boas noites... Benvidos a esta cea baile concerto festa….. performance. ¿Qué facemos aquí hoxe?. Bueno, os capitan furilo queríamos facer unha festa para compartir cos amigos a saída do noso disco EP. Moitos de vos acarrexáchedes amplis, afináchedes quitarras, conducichedes furgonetas, e sobre todo bailachedes a cantáchedes en moitos concertos con nos nesta nova etapa e en etapas anteriores. Có voso apoio, no pasado chegamos ó máximo ó que pode aspirar un grupo de rock galego. Actuar no Luar de Galloso e compartir escenario con Azucar Moreno. Esperamos que desta volta tamén chegemos ó cumio, e compartamos tablas por exemplo con ... eu que sei, con Bustamante mesmo.
Queremos agradecervos de corasón que esteades esta noite con nos, e queríamos ter tamén un recordo para os que non puideron vir. Unha aperta para Marty McFly, Back Rogers, Liroy Johnson, Dani Amatulo, Magnum, Michael Night, Anibal Smith, Fénix, Murdoc, M.A. M.A. mandou unha nota, que non viña, que xa non lle da medo voar, pero acabou collendolle gustillo ós pepinazos que lle mandaba Murdoc para que subise ós avións, e a cabou enganchado ó Jaco. Di que agora é mirar un avión e lle entra así un vicioooooooo..... Tamén recordos para John McKlein, o profesor Millagui e Dany Laruso. Á señorita Flecher non lle dixemos nada, porque invitar a esa muller a unha festa chea de amigos é como xogar á ruleta rusa. Bueno, moitas gracias a todos e todas. Aquí o tedes. Chamámoslle POP?. Este disco, como se pode apreciar polo seu título non aporta respostas se non mais ben preguntas. POP?. ¿Será POP? E que non sei que ten o POP, que parece que sempre nos deu cousa. Penso que é por culpa de mítica frase "Sexo drogas e rock and roll". Parece como que se fas POP renuncias ó sexo e ás drogas... Pero bueno, igual é que estamos nesa idade na que xa non te da vergoña por unha maia axustada e unha cinta no pelo e bailar Aerobic, e entón non sei porqué comparmos un Renault Laguna. E un pouco coma se saísemos do armario. Pero con medo. ¿POP? Eu que sei. Entre nos seguímoslle chamando Rock and Roll. Pero non hai fallo, se vemos que á xente non lle gusta carjámoslle un pouco mais ó bombo...>..
Bueno, o que vos dicía. Boas noites, benvidos, fillos do rock and roll, saúdanvos os aliados da Noite. Levantemos ás copas

 

Presentación de Capitan Furilo

Mediados do ano 2.006, dous galegos coñécense nun pub céntrico en Dublin. O que nun principio non pasaría máis que dunha simple anécdota, duha pinta e dunha conversación etérea, o encontro deriva nunha auténtica relación de coincidencias que demostran unha vez máis que a pesar do desorde cósmico, o mundo é terriblemente pequeno para o xogo do destino. Un dos tipos é Oscar T. en beca de estudios internacionais debidamente aproveitada para o intercambio de experiencias algunhas máis satisfactorias que outras, o segundo tipo e Mikel P. en viaxe de pracer e visita familiar. A conversación profundizouse o pasar da segunda guinnes e ambolos dous desatan a hilaridade de cuestión comúns. Ambos foron a ambición fracasada dos estudios musicais en conservatorio en beneficio do rock pois levan anos colaborando con grupos formais e informais, aquí e aló, trala denostada experiencia académica. Ambos teñen debilidade por Inmaculade Fools e levan anos indo a festa dos botes de Arzúa. Pero o que realmente cambia o devenir dos acontecementos, é o culto máis profundo e a añoranza máis sensible pola serie de tv canción triste de Hill Street. Xa no avanzado da noite e perdendo a conta etílica, a conversación remata cunha data formal e un local de ensaio como testigo do nacemento dun novo proxecto. Nace Capitan Furilo. Xa de volta en Galicia en apenas uns dias completan a banda e deciden grabar a primeira maqueta. Catro temas.


Capitan Furilo son:
Oscar T. bateria e percusións
Mikel P. guitarra e voz
Monkel S. baixo e voz
Rafa M. guitarra e voz

Influencias: Resentidos, Rolling Stones, Inmaculade Fools, Yellow Pixoliñas entre outros mil douscentos grupos e solistas.

Nota: A maqueta foi grabada e mezclada nos estudios Hill Street en Lago.

 

Xa podes escoitar "Rock" Completo

Rock    Descargao !!!

© 2009 Capitan Furilo - Falcon Records


último video    mais videos...

Costas & Furilo

Presentación 'Rock' 7 de Novembro 2009


Vindeiros Concertos ver mais...

  •  UE (Ponteareas)
    Venres, 12 de Febreiro ás 01:00
  •  Liceum (O Porriño)
    Sábado, 20 de Febreiro ás 00:00
  •  Forum Celticum (Culleredo)
    Xoves, 11 de Marzo ás 22:30
  •  Pub Gatos (Melide)
    Venres, 19 de Marzo ás 01:00
  •  Baranda (Barco de Valdeorras)
    Venres, 28 de Maio ás 00:00
  •  Pub O Muiño (Cervo)
    Sábado, 30 de Outubro ás 00:00
  •  Vagalume (Salvaterra)
    Sábado, 11 de Decembro ás 00:00

Notas de prensa ver mais...

 Planeta Furancho
4 de Decembro
 Maketón.
28 de Novembro.

Contratación e contacto


Ponteareas
36860 Pontevedra
telf. 652030848 / 645933858
RIDER
ocapitanfurilo@gmail.com

Apoia o Galego

Selecciona o CD para ver as súas letras


Rock

Pop?
Non hai pro...

O último que se modificou

index.php.
concertos.php.
musica.php.
prensa.php.

plataformas

  • myspace
  • facebook
  • youtube
  • flickr