Liceum

O mellor concerto dende que comenzou a xira. Por sonido, por condicións de escenario, por intención, por enerxía (os chuletóns axudaron), por actitude do público... Nun dos auténticos "templos" da múscia galega en directo, uns poucos amigos disfrutaron da esencia furila. Pero podo asegurar que non disfrutaron tanto como os propios Furilos sobre un escenario poucas veces tan equilibrado e cómodo para a prácitca do rock and roll.
Temos que agradecer a Paco Quintás, un de eses "temerarios" que seguen a apostar pola música ao vivo, a súa perseverancia e que unha vez mais se teña acordado dos Furilos.
Vídeos do concerto:
Levame i estarei | Todo foi por amor | Sus labios son para mi

 

Ue!

Os furilos volveron a casa. Dicir Ue é dicir raíces. Se algún curioso quere encontrar a ialma de Rock and Roll de Ponteareas sempre pode buscar no Ue algún venres que teña a sorte de atopalo aberto. Alí contra a esquina do fondo da barra a poderedes atopar tomando unhas copas. Este venres estaban alí, e nos fixeron sentir na casa. Queridos e respetados. Gracias outra vez a Tino, conseguimos un sonido máis que aceptable nunha sala que sempre obriga a sacar o mellor dos técnicos de son. Démoslle outra volta ós temas da xira 2010, e como ocurrira na festa de presentación nos acompañou o gran Isaac Abalde noutra versión dos Gabinete.

Fotos do Concerto

 

Sala Auriense

E por fin comenzou a xira. Nunha das salas míticas. Nunha desas salas que Capitán Furilo tiña marcada como fundamental. A pesar dos contratempos (multas de tráfico, intentos de roubo, amplis escarallados e intentos de precintado) a xira comenzou con enerxía renovada. ¿Como? "Es un misterio" como diría Philip Henslowe en Shakespeare in Love.
Envolvidos no misterioso e denso ambiente da auriense sacamos ese demo que nos vai comendo por dentro cando levamos tempo sen tocar. Pasamos sen pausa polos temas que serán o eixo da nova xira. Non houbo tempo de sacar "o merchandising" pois a hora apremiaba despois dos retrasos acumulados polos contratempos. Pero quedamos con esa sensación de "Que ben quedei rapás !!".
Arroupados polos mellores anfitriones que se pode ter en Ourense, David, e sobre todo os irmáns "Perez Paz" aproveitamos para coñecer os "antros" da zona. Poderosos.
Volveremos.

Video de "Xa non quero saber nada diso" na Auriense (cortesía de jppaz1972).

 

A Fábrica de Chocolate

Como en casa. O derradeiro concerto do ano de Capitán Furilo, volveu a destilar as mesmas boas sensacións que veñen acompañando ó grupo en directo. Os novos temas xa están "empastados" no resto do repertorio, conseguindo unha actuación "redonda" como diría o gran "Lulo".
O son da sala, coma sempre, fantástico como corresponde a unha das mais importantes do panorama Vigués.
E a xente, que podemos dicir da xente. Un 10. A pesares da noite "perruna" esquivando granizadas e lóstregos acudiron a regalarnos o seu cariño, que como diría Bustamante "es lo mas grande".
Por certo, o "merchandising" dos Furilos segue a facer furor.
E por suposto "TEÑAN COIDADO AHÍ FORA".
Escoita a crítica do concerto en planeta Furancho. A partires do minuto 34 do programa (Radio Galega Música).

 

Blu Bar (Pontearas)

De novo no Blu Bar. De novo unha resposta fantástica da xente. Cos ecos cercanos da Cea-baile presentación do disco Rock, presentamos o disco diante da parroquia.
Co local abarrotado tocamos as cancións do novo disco e algunhas das de sempre. De novo coa sorte de contar con Tino ARRITMIC ao mando do sonido e de novo coa hospitalidade e cariño da xerencia do Blu.
Se queredes recordar os temas, ou se non pudiches vir e queres disfrutar do directo dos Furilo no Blu, aquí o tedes:
Pipermint | Xa non quero saber nada diso | Onde están | Sexo | Todo foi por amor | Josefin | Leroy | For You | Corason | Estación | Parece | Lévame ao ceo | Lévame i estarei | Sus labios son para mi | God giveme everithing I want | Lavadora

 

Un Concerto único. Rodeados de mais de 200 amigos, e co innovador formato de presentación "cea-baile-concerto", tocamos algúns dos temas do disco, e algunha versión para o que contamos coa colaboración de Isaac Abalde e Miguel Costas, que fixo as delicias dun público entregado. Con Tino Álvarez (Arritmic) ós mandos do sonido, e Vin como DJ da noite.

Inolvidable.

Videos: Costas & Furilo | Pueblos del mundo ¡Extinguíos! | Miña Terra Galega | Estación e Parece | Onde estás e Sexo | Todo foi por amor | Xa non quero saber nada diso | Furilo&Isaac | Agradecementos | Brindis de Julito |
Audios: Concerto completo de Capitán furilo | Spectra (Primeira parte) | Spectra (Segunda parte) |
Fotos: Mira novas fotos da festa
Blog: Deixanos a túa impresión sobre a "cea-baile"
A "cea-baile" na prensa: Faro de Vigo | Atlántico Diario
Parte médico: Falcón, contractura no xemelo.

Comenta este concerto

Contrabajo (Vigo)

Volvimos o directo tras máis dun mes de paréntesis. Aparcamos o estudio de grabación e as diversas xestións que supoñen a autoproducción para rescatar o hábitat habitual de Capitan Furilo. Podemos decir que preparamos este concerto con moito cariño, dende os folletos, os carteles, o repertorio e a actitude en escena, todo representaba esa querencia e compromiso que xa temos cos locais que contan con nós en todo momento. Non podemos evitar certo sentimentalismo, máis é certo que no Contrabajo por riba de todo nos sentimos respetados.
Das sensacións do concerto?, pois Enerxía e Intención, seguimos coa nosa teima, simplicidade e potencia. Somos máis furilos se cabe que antes e creo que o trasmitimos cada vez máis.
A destacar a repesca de "Liroi" unha das nosas primeiras cancións e tamén a fase "anglófona" coa versión de "God give me everythind" de Lenny Krawitz e Mick Jagger, "For You" e "Corasón".
Bos amigos para facer ambiente e algunha ausencia que esperamos reencontrar na proxima cita: A CENA BAILE.
Gracias Marcos por todo, Contrabajo forma parte da nosa comisaría furila.
Esperamos poder colgar o video do concerto en breve.
Seguiremos informando dende radiofurilo.


Cartel co concerto

Comenta este concerto  

Cotelas-Freás (Piñor)

Un alto no camiño antes de volver o estudio de grabación, Capitan Furilo compartiu escenario en esta ocasión con Sugar Mountain en Cotelas - Cea. Todo un acontecemento. Noite de moito calor tanto de temperatura "atmosférica" como musical.
A organización un 10, cena de kilates e actitude 100 %.
Así se fan as grandes noites de rockaroll.
Un recoñecemento tamén para os Sugar Mountain, uns auténticos cabaleiros do rock en tódolos sentidos. Quizais o ano que ven aposten por un escenario no exterior visto o éxito de esta edición.

Comenta esta noticia  

A Capilla (Calo)

O N´Capilla Rock acolleunos coma se fóramos da casa, moi bo ambiente para o que sería o segundo día de festa.
Era o noso último concerto ata a esperada presentación do novo disco e quizais por iso tivo un sabor especial. Fixemos un repertorio máis adaptado o feito de compartir escenario, pero non por iso se desmereceu a festa. Non sei se haberá algunha foto que podamos subir nos próximos dias pero a imaxe de tocar de seonllos entre o público non ten prezo.
Sobre as sensacións?, pois os novos temas van collendo protagonismo, cancións como "Todo foi po amor" ou "Vou ter qeu rehabilitareme" sonaron robustas e outras como "Seus labios son para min" animaron a participar coa xente nesa "rumbita cabrona" que empeza a ser un clásico no noso directo.
Compartimos escenario cos Dirty Socks, todo un pracer!.
Esperamos volver canto antes, Calo é Máxico!

En canto teñamos novas sobre a presentación colgaremoas na rede, xa nos vai prestando esa "Cea Baile"!

 

BLUBAR y SOHO

Fin de semana de rockanroll no condado, Vernes 12 no Blue Bar e o Sábado 13 no Soho de Salvaterra.
Tivemos a sorte de contar con Tino (Arritmic) facendo o sonido nos dous días, un auténtico luxo e un descanso.
O venres tiñamos un auténtico reto de convocatoria pois a oferta de directos para esa noite na vila era sobredimensionada e foi unha auténtica sorpresa encher a sala e manter o aforo ata o final. Boas sensacións, e un gran descubrimento “a tecnoloxía inalámbrica”.
O sábado a chuvia fixo peligrar por momentos o concerto, máis cando empezaban a caír as primeiras pingueiras, saltamos o escenario. Comezamos a tocar e a chuvia respetounos. O rokaroll no exterior ten esa maxia….
O condado é a nosa casa e o trato foi moi familiar, moi agradable.
Repetiremos.
De momento seguimos co noso, o sábado 20 imos a Calo (Teo) i a ver se imos rematando as mezclas entre directos e festas.

Ver fotos do concerto

 

VAGALUME (Salvaterra)

Tralo paréntesis da preparación e grabación do que será o noso primeiro disco, o 16 de maio volvimos o directo na sala Vagalume de Salvaterra.
Aínda en labores de mezcla e coa esperanza de completar a grabación con novos temas, decidimos facer un par de concertos para probar os novos temas.
Moi boas sensacións, moita enerxía e moitas cancións novas. Tocar no Vagalume, é como tocar na casa, xenial!. É a segunda vez que estábamos alí i todo foi perfecto.
Comenzamos o concerto cunha canción nova "Xa non quero nada diso" e acabamos con outra primicia "Lévame i estarei". No medio soaron as cancións habituais e algunha versión.
E no peto quedaron outras que de seguro que han de ter a súa oportunidade nos próximos concertos. Mais rockanroll e menos pop?, é posible, é mais diría que sen dúbida!, máis watios!, seguro.
Vémonos no concerto do 12 de xuño en Ponteareas.


Ver fotos do concerto

 

Vindeiros Concertos ver mais...

  •  Forum Celticum (Culleredo)
    Xoves, 11 de Marzo ás 22:30
  •  Pub Gatos (Melide)
    Venres, 19 de Marzo ás 01:00
  •  Baranda (Barco de Valdeorras)
    Venres, 28 de Maio ás 00:00
  •  Pub O Muiño (Cervo)
    Sábado, 30 de Outubro ás 00:00
  •  Vagalume (Salvaterra)
    Sábado, 11 de Decembro ás 00:00

último video    mais videos...

Todo foi por amor

Directo no Liceum - Febreiro 2010


Xa podes escoitar "Rock" Completo

Rock    Descargao !!!

© 2009 Capitan Furilo - Falcon Records


Contratación e contacto


Ponteareas
36860 Pontevedra
telf. 652030848 / 645933858
RIDER
ocapitanfurilo@gmail.com

Apoia o Galego

plataformas

  • myspace
  • facebook
  • youtube
  • flickr