Benvidos Fillos do Rok And Roll (Presentación do CD POP?)
24/02/2008
Boas noites...
Benvidos a esta cea baile concerto festa….. performance. ¿Qué facemos aquí hoxe?. Bueno, os capitan furilo queríamos facer unha festa para compartir cos amigos a saída do noso disco EP. Moitos de vos acarrexáchedes amplis, afináchedes quitarras, conducichedes furgonetas, e sobre todo bailachedes a cantáchedes en moitos concertos con nos nesta nova etapa e en etapas anteriores. Có voso apoio, no pasado chegamos ó máximo ó que pode aspirar un grupo de rock galego. Actuar no Luar de Galloso e compartir escenario con Azucar Moreno. Esperamos que desta volta tamén chegemos ó cumio, e compartamos tablas por exemplo con ... eu que sei, con Bustamante mesmo.
Queremos agradecervos de corasón que esteades esta noite con nos, e queríamos ter tamén un recordo para os que non puideron vir. Unha aperta para Marty McFly, Back Rogers, Liroy Johnson, Dani Amatulo, Magnum, Michael Night, Anibal Smith, Fénix, Murdoc, M.A. M.A. mandou unha nota, que non viña, que xa non lle da medo voar, pero acabou collendolle gustillo ós pepinazos que lle mandaba Murdoc para que subise ós avións, e a cabou enganchado ó Jaco. Di que agora é mirar un avión e lle entra así un vicioooooooo..... Tamén recordos para John McKlein, o profesor Millagui e Dany Laruso. Á señorita Flecher non lle dixemos nada, porque invitar a esa muller a unha festa chea de amigos é como xogar á ruleta rusa. Bueno, moitas gracias a todos e todas. Aquí o tedes. Chamámoslle POP?. Este disco, como se pode apreciar polo seu título non aporta respostas se non mais ben preguntas. POP?. ¿Será POP? E que non sei que ten o POP, que parece que sempre nos deu cousa. Penso que é por culpa de mítica frase "Sexo drogas e rock and roll". Parece como que se fas POP renuncias ó sexo e ás drogas... Pero bueno, igual é que estamos nesa idade na que xa non te da vergoña por unha maia axustada e unha cinta no pelo e bailar Aerobic, e entón non sei porqué comparmos un Renault Laguna. E un pouco coma se saísemos do armario. Pero con medo. ¿POP? Eu que sei. Entre nos seguímoslle chamando Rock and Roll. Pero non hai fallo, se vemos que á xente non lle gusta carjámoslle un pouco mais ó bombo...>..
Bueno, o que vos dicía. Boas noites, benvidos, fillos do rock and roll, saúdanvos os aliados da Noite. Levantemos ás copas